Debemos prepararnos, alumnado e profesorado, para vivir nun mundo virtual e online. A competencia do tratamento da información e competencia dixital pode axudarnos a mergullarnos neste óceano de bits e aparellos tecnolóxicos. O profesor Jordi Adell explica nun vídeo que é a CD (Competencia Dixital). Evidentemente, o primeiro é saber mañexar os diferentes aparellos electrónicos para poder utilizalos. Unha vez que sabemos acender o ordenador, por exemplo, teremos que ver qué queremos facer con el. A cantidade de información que temos ao noso dispór é enorme. De aí a importancia de saber cribar esa información e, sobre todo, ter unha mirada crítica. Temos que aprender a buscar e escoller a información. E tamén a compartir esa información.

No proceso de ensino-aprendizaxe é obvio que non lle podemos dar as costas a todos estes fenómenos tecnolóxicos, todo o contrario, deberemos procurar aproveitalos ao máximo. Iso si, sen esquecer que son as máquinas ás que están ao noso servizo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario