Imos usar este espazo para a materia de Lingua e Literatura de 1º e 2º de Bacharelato. Atoparedes nel informacións diversas sobre cuestións de lingua e literatura. Pero o máis interesante vai ser a vosa participación. Por exemplo, a ver quen me sabe dicir por que o blog ten o nome que ten e non se chama "O fogar das palabras" ou "Verbas veñen e van". Veña! A ver se dades coa resposta. Escribide o voso intento nun comentario a este post. E aproveito tamén para lembrarvos que hai que ler, non o deixedes para última hora.
O único que saquei en conclusión; é que Ogmios era un deus galo da elocuencia e da escritura e foi quen inventou o alfabeto oghámico de cortes e arañazos gravados na pedra ou madeira.
ResponderEliminarMoi ben José Manuel, agora só falta saber o de peúgo.
ResponderEliminarEu non sei se estará ben pero encontrei que peúgo significa calcetín
ResponderEliminarEfectivamente, Cristian. Agora hai que xuntar as pezas!
EliminarEu creo que este Deus celta podería representar o noso pasado e a referencia ós peugos sería como que somos a súa "descendencia" é a miña interpretación e o único que se me ocorre.
EliminarQuero dicir que el comezaría a árbore xenealóxica galega, cos seus pés como raíces.(Seguramente non sexa isto pero é o que se me ocorreu).
ResponderEliminarO que eu saquei en conclusión é que os peúgos fan referencia ó algabeto que é a raiz da palabra galega, inundados de letras que foron formando a nosa lingua ,que se foi perfecionando ata a capacidade de utilizala con grande poder.(se non é isto seguirei pensando)
ResponderEliminar