xoves, 10 de abril de 2014

Hai dereito ou non o hai?


Isto de lle botar un ollo á prensa sempre é unha sorpresa. Se non, lede esta nova que me atopei no xornal
 
E logo localicei eses Dereitos do Lector/a en PhotoPeach.
Non sei se vós sabedes algo de Daniel Pennac. Ou da súa obra Como unha novela

martes, 25 de marzo de 2014

Videopoema

Poema de Fran Alonso de Tortillas para os obreiros, Espiral Maior, 1996.
Secuencia A on PhotoPeach

mércores, 12 de marzo de 2014

As categorías gramaticais


Cidadáns dixitais


Debemos prepararnos, alumnado e profesorado, para vivir nun mundo virtual e online. A competencia do tratamento da información e competencia dixital pode axudarnos a mergullarnos neste óceano de bits e aparellos tecnolóxicos. O profesor Jordi Adell explica nun vídeo que é a CD (Competencia Dixital). Evidentemente, o primeiro é saber mañexar os diferentes aparellos electrónicos para poder utilizalos. Unha vez que sabemos acender o ordenador, por exemplo, teremos que ver qué queremos facer con el. A cantidade de información que temos ao noso dispór é enorme. De aí a importancia de saber cribar esa información e, sobre todo, ter unha mirada crítica. Temos que aprender a buscar e escoller a información. E tamén a compartir esa información. 
O comercio electrónico, a banca electrónica, a formación a distancia, as oficinas virtuais, as redes sociais... son unha parte dos coñecementos que ten que ter un cidadán dixital, coñecementos que se adquiren co uso e que pouco a pouco van sendo máis habituais e máis cotiás.
No proceso de ensino-aprendizaxe é obvio que non lle podemos dar as costas a todos estes fenómenos tecnolóxicos, todo o contrario, deberemos procurar aproveitalos ao máximo. Iso si, sen esquecer que son as máquinas ás que están ao noso servizo.

martes, 25 de febreiro de 2014

Benvida e benvido

Imos usar este espazo para a materia de Lingua e Literatura de 1º e 2º de Bacharelato. Atoparedes nel informacións diversas sobre cuestións de lingua e literatura. Pero o máis interesante vai ser a vosa participación. Por exemplo, a ver quen me sabe dicir por que o blog ten o nome que ten e non se chama "O fogar das palabras" ou "Verbas veñen e van". Veña! A ver se dades coa resposta. Escribide o voso intento nun comentario a este post. E aproveito tamén para lembrarvos que hai que ler, non o deixedes para última hora.