Peúgo de Ogmios
Lingua e Literatura 1º e 2º de Bacharelato
mércores, 13 de maio de 2015
mércores, 18 de marzo de 2015
A poesía acompáñanos dende hai moitos anos. De feito as primeiras manifestacións literarias de todas as culturas son poéticas. Aínda así, muda e evolúe ao longo do tempo. A última revolución é Poética@ de Fran Alonso. Non perdades a oportunidade de mergullarvos nela!
![]() |
Fran Alonso |
xoves, 10 de abril de 2014
Hai dereito ou non o hai?
E logo localicei eses Dereitos do Lector/a en PhotoPeach.
martes, 25 de marzo de 2014
Videopoema
Poema de Fran Alonso de Tortillas para os obreiros, Espiral Maior, 1996.
Secuencia A on PhotoPeach
mércores, 12 de marzo de 2014
Cidadáns dixitais
Debemos prepararnos, alumnado e profesorado, para vivir nun mundo virtual e online. A competencia do tratamento da información e competencia dixital pode axudarnos a mergullarnos neste óceano de bits e aparellos tecnolóxicos. O profesor Jordi Adell explica nun vídeo que é a CD (Competencia Dixital). Evidentemente, o primeiro é saber mañexar os diferentes aparellos electrónicos para poder utilizalos. Unha vez que sabemos acender o ordenador, por exemplo, teremos que ver qué queremos facer con el. A cantidade de información que temos ao noso dispór é enorme. De aí a importancia de saber cribar esa información e, sobre todo, ter unha mirada crítica. Temos que aprender a buscar e escoller a información. E tamén a compartir esa información.

No proceso de ensino-aprendizaxe é obvio que non lle podemos dar as costas a todos estes fenómenos tecnolóxicos, todo o contrario, deberemos procurar aproveitalos ao máximo. Iso si, sen esquecer que son as máquinas ás que están ao noso servizo.
martes, 25 de febreiro de 2014
Benvida e benvido
Imos usar este espazo para a materia de Lingua e Literatura de 1º e 2º de Bacharelato. Atoparedes nel informacións diversas sobre cuestións de lingua e literatura. Pero o máis interesante vai ser a vosa participación. Por exemplo, a ver quen me sabe dicir por que o blog ten o nome que ten e non se chama "O fogar das palabras" ou "Verbas veñen e van". Veña! A ver se dades coa resposta. Escribide o voso intento nun comentario a este post. E aproveito tamén para lembrarvos que hai que ler, non o deixedes para última hora.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)